Espiga – Espiga | Asociación galega para a bioconstrución –

Web Name: Espiga – Espiga | Asociación galega para a bioconstrución –

WebSite: http://www.espigabioconstrucion.org

ID:296394

Keywords:

Asociaci,ndash,Espiga,bioconstruci

Description:


Saltar ao contido

Espiga

ESPIGA, Asociación Galega para a Bioconstrución, é unha asociación sen ánimo de lucro que nace no ano 2013 para satisfacer a necesidade social de reunión de profesionais e particulares interesados no uso de materiais sostibles, vivendas libres de tóxicos, eficiencia enerxética e respecto social na construción.

OS FINSde Espiga son a investigación, o desenvolvemento, adivulgación e formación necesarias para unha construción sa, sostible, eficiente e ética.Estes principios irán conformando a materialización dunha nova forma de concibir a construción máis orientada á vida, á saúde dos futuros usuarios e por ende á saúde no ámbito global ou medio no que se desenvolva.

OS PRINCIPIOS

Construción sa: Perséguese que a edificación sexa saudable para os seus moradores, para iso promovémo-los seguintes principios:

– Elección da localización máis favorable e integración urbanística positiva.

– Avaliación de factores de risco en torno á edificación como son a contaminación acústica, fontes de contaminación electromagnética naturais e artificiais e fontes de contaminación ambiental.

– Utilización de criterios de bioconstrución como son: deseño bioclimático, uso de envolventes higroscópicas ou transpirables, uso de materiais sans e naturais, aproveitamento da luz natural, minoración da contaminación eléctrica e electromagnética no interior das edificacións e consecución dunha boa calidade do aire no interior das edificacións.

Construción sostible: Promóvese a redución do impacto ambiental da edificación e a utilización de materiais que requiran pouca enerxía para a súa produción e/ou transformación. E buscase tamén minimizar o consumo de recursos non renovables así como a xeración de residuos contaminantes promovendo a reciclaxe e utilización de produtos e materiais locais evitando grandes transportes.

Construción eficiente: Foméntase o aforro de enerxía e de auga así como o uso de enerxías renovables. Promóvense sistemas sinxelos, económicos, respectuosos, que non se esgoten e que permitan a máxima descentralización, buscando unha autosuficiencia máxima. Favorécese a arquitectura bioclimática, reducindo grazas ao deseño, ao aproveitamento solar pasivo e á correcta elección de sistemas construtivos e de instalacións, as necesidades de calefacción e climatización co conseguinte aforro de enerxía.

Construción ética: Apóianse proxectos e iniciativas que sexan respectuosas coas persoas, familias, comunidades e co medio e que xeren un desenvolvemento sostible. Dentro do marco da bioconstrución foméntanse os seguintes principios e valores: respecto, responsabilidade, xustiza, honestidade, consistencia e transparencia.

OS MEDIOS de ESPIGA

Apoio técnico: Facilitar o achegamento entre profesionais e usuarios vinculados á bioconstrución

Divulgación: Mediante participación/organización en feiras sectoriais, conferencias, foros e xornadas específicas que podan chegar á maior parte dos ámbitos sociais tanto públicos como privados.

Formación: Realización de cursos experimentais e obradoiros específicos para dar a coñecer a metodoloxía e tecnoloxía inherentes ó proceso da bioconstrución.

Investigación e Desenvolvemento: Relacionados tanto coas innovacións técnicas do sector da construción, como có estudo e desenvolvemento específico de materiais biocompatibles (sustentables) a utilizar neste ámbito.

OS SOCIOS

O equipo de ESPIGA está formado por os seguintes socios

Socios Numerarios

AlessandroCarbutti,ÁngelRodal Antepazo,ÁngelaMartínez Lago,AntonioLópez,BreogánUdias López,CarolinaSánchez Sanz,ConcepciónFernández Ferreiro,DamiánPrado Álvarez,DivinaPérez Viña,EvaAbal Tobio,EvaCrecente Dapena,FátimaDomínguez Portela,GabrielDíaz Sueiro,GuidoAlfonso Tomasini,HeitorRodal,Jesús FelipeGonzález García,Jesús ManuelGonzález Iglesias,José LuisAlonso Rodríguez,José MiguelPérez Bermúdez,LauraOtero Ogando,LucianoLópez Hernández,LuisMéndez Estévez,MarceloLamas Hernández,MarcosFuentes Sánchez,MarcosZacarias,MaríaFernández Macho,MartaTrasancos Yáñez,MartínGarcía Lemos,MartínMoreda García-Echave,MontseValencia,PaulVan der Mel,PaulaGallego Barril,PaulaGonzález Vázquez,RobertoRodríguez Álvaro,RobertoRoget Antelo,RosalíaFernández Pardo,RosalidiaÁlvarez Hernández,RubénEscuredo,RupertKolb,SantiagoGonzález Iglesias,VíctorGonzález García-Echave,XabierBernárdez Fresco, Sistemas Eficientes Ecofogar

Socios Fundadores

AnaRecuna Carrasco,Antonio ManuelSeijas Pardo,CarolinaMartínez García,IgnacioMendizábal Herrero,ManuelOtero Alonso,MiguelSerrano Gómez,XulioFernández Pazó

A XUNTA DE GOBERNO

A Xunta do Goberno de Espiga, Asociación Galega para a Bioconstrución está composta polos seguintes membros:

Presidenta: Ángela Martínez LagoVicepresidenta: Carola Sánchez SanzTesoureiro: Miguel Serrano GómezSecretario: Luis Méndez Estévez Espiga | Asociación Galega para a bioconstrucion.

TAGS:Asociaci ndash Espiga bioconstruci

<<< Thank you for your visit >>>

Websites to related :
Asociación Latinoamericana de G

   SEJA BEM-VINDO! ¡SEA BIENVENIDO! PORTUGUÊS CASTELLANO

Introduction – TOSHULIN

   IntroductionDe nousPortfolio des produitsServicesRéférencesContactEspace revendeur FRENCSDERUESITCN Your browser does not support the video tag.

Введение &ndash; TOSHULI

   О насПортфолио продуктовУслугиРеференцииКонтактыЗона для дилеров RUENCSDEFRESITCN Your

Becker Unternehmensgruppe &ndash

  Springe zum InhaltMenüUnternehmenBST GmbHBBM GmbHBUT GmbHBagger und GeräteSoziales EngagementSponsoringLeistungenAbbruch und RückbauSanierungErdarb

Главная – GreenData

  Skip to contentКредитный конвейерКредитный конвейерGreenData.CRMУправление заявкамиКредитн

euroclima &ndash; we care for be

   HomeThe company Products Appliances Service &#038; Tools ReferencesCareersContactDownloadsImprint About us History News Events, fairs and exhibitions

About Us – Martrade Group

  ContactCareerNewsLegalTerms and ConditionsImprintPrivacy About UsShippingLogisticsTerminalsInvestmentsSeite wählen About usShipping. Logistics. T

Grupo Iberiqos Q2 - Asociación

   Producció

ASOCIACIÓN ESPAÑOLA DE MEDIACI

   Abrir/cerrar la navegación MEDIACIÓNMEDIADORES DE HONOR DE ASEMEDSOLICITUD DE MEDIACIÓNMediación presencialSolicitud de Mediación para Res

Salud Málaga &#8211; Asociació

   InicioEspecialidadesCentrosHazte SocioTrabaja con nosotros InicioEspecialidadesCentrosHazte SocioTrabaja con nosotros

ads

Hot Websites