Queremos Galego! - Plataforma Cidadá
Time 2022-09-28 00:42:26Web Name: Queremos Galego! - Plataforma Cidadá
WebSite: http://www.queremosgalego.gal
ID:331482
Keywords:
Galego,Queremos,Cidad,PlataformaDescription:
Queremos Galego!
Plataforma Cidadá
Queremos Galego convida a manifestarse o 17 de maio en Compostela “por un novo futuro para a lingua”
Destacado
Publicado o
A plataforma cidadá, composta por máis de 500 entidades sociais e culturais do país, convoca a sociedade a manifestarse o 17 de maio ás 12h entre a Alameda e a Praza da Quitana baixo o lema “En galego agora e sempre. Por un novo futuro para a lingua”
Compostela, 28 de abril de 2022.- Representantes da xestora da plataforma cidadá Queremos Galego, da que forman parte máis de 500 entidades sociais e culturais do país, anunciaron esta mañá, acompañados por representantes do audiovisual galego, que o 17 de maio sairán ás rúas de Compostela para “evidenciar que a situación do galego non é irreversível” e “que hai alternativas e vontade colectiva para mudar a tendencia negativa para a lingua”. Haberá transporte dende todas as comarcas galegas, para facilitar o desprazamento. A información dos puntos de saída estará dispoñíbel na web queremosgalego.gal.
OLYMPUS DIGITAL CAMERA
O voceiro de Queremos Galego, Marcos Maceira, recordou na presentación que todos os avances para o galego se conseguiron “pola perseverancia e polo esforzo do pobo galego”, como a incorporación do galego ao catálogo de Netflix ou a recente sentenza do TSXG contra Facenda por atacar os dereitos lingüísticos dun cidadán galego. Maceira advertiu que “a sociedade galega está soa, sen institucións que a amparen na defensa da lingua” e salientou que “é hora de que isto mude e os poderes públicos, comezando polo novo presidente da Xunta, abandonen a súa política de agresión sistemática ao galego e comecen a exercer a súa responsabilidade na defensa dos intereses de Galiza e da súa lingua”.A plataforma reclama a posibilidade de vivir “en galego agora e sempre” e denuncia que o ensino e unha limitadísima oferta audiovisual en galego botan abaixo os esforzos das familias por garantiren a transmisión da lingua. A sociedade galega propón solucións, como a Iniciativa Xabarín, a Iniciativa polo audiovisual galego ou as bases para a normalización da lingua elaboradas pola maioría da representación sindical do profesorado, das anpas, dos movementos de renovación pedagóxica e pola Mesa, pero dende Queremos Galego recordan que para que que estas solucións frutifiquen cómpre que os gobernos galego e español abandonen o desprezo pola lingua galega e garantan a súa presenza e dispoñibilidade “en todo e para todo”.
“Mesmo os pequenos pasos que como pobo conseguimos para o noso idioma están sometidos a revisións constantes”, advertiu Maceira. “Só hai que ver como despois da ampla campaña social e da unanimidade política acadada arredor da iniciativa Xabarín”, recordou, “o debate no Congreso pode acabar limitando os avances en horas e cotas de emisión a unha soa das linguas cooficiais”. “É unha vergoña que non imos permitir que o recoñecemento da pluralidade lingüística no audiovisual, onde Galiza foi quen levou o maior peso na iniciativa social, poida rematar por excluír precisamente o galego”, rematou.
Un novo futuro para o galego é posíbel, se todas e todos, cidadanía, entidades sociais e gobernos imos na mesma dirección, a de asegurar que o galego está presente e plenamente dispoñíbel. A lingua galega une é o principal elemento de cohesión, identidade e progreso de Galiza. O 17 de maio manifestarémonos en Santiago para que a Xunta de Galiza comece a actuar en consecuencia.
Na fotografía: Marcos Maceira (Queremos Galego), Fernando Lacaci (ANPAS Galegas), Suso Bermello(CIG), Lucía López (BNG), Xerardo Roca (AS-PG), Daniel Asorei (AELG), Andrés Bellas (APRADOGA), Iria Taibo (AGPTI), Uxía Caride e Xosé Lois Ledo (AGAPI), Xosé Barato e Toni Salgado (AAAG), Dores Vidal, Sara Seco e Leo Rei (MNL)
ASINA: En galego agora e sempre. Por un novo futuro para a lingua
Publicado o ResponderA tendencia negativa da lingua galega non é irreversíbel. O compromiso e a acción da sociedade demostran diariamente que a situación pode mudar. No último ano a mobilización conseguiu que unha importante multinacional do audiovisual anunciase a incorporación de versións á nosa lingua no seu catálogo.E é a mesma implicación cidadá a queestá na orixe da sentenza do TSXG que obriga á Axencia tributaria a respectar os nosos dereitos linguísticos.
Un futuro novo para o noso idioma é posíbel, como demostran os centos de colectivos que actúan día a día para garantir o futuro de Galiza e do seu idioma; as milesdepersoas que reclaman atención en galego ou respecto pola legalidade na toponimia e que vencen as dificuldades e se propoñen falar galego sempre; as familias que se esforzan en transmitir a lingua malia non poderen contar con espazos fundamentais como o ensino, os xoguetes, deseños animados e toda a oferta imprescindíbel que lle é negada ao galego;ou como tamén demostranos concellosde todas as coresque se organizan para promoveren conxuntamente a normalización lingüística a nivel local.
Porén,toda esta mobilización colectivaprecisa do acompañamento e do esforzo das institucións e poderes públicos, que ademais da obriga moral de defenderen os nosos intereses colectivos teñen a obriga legal de promoverene garantirena posibilidade de uso do galego en todo e para todo: garantindo o galego como lingua vehicular no ensino en todas as materias e etapas e nas actividades extraescolares, o seu uso en toda a administración, na xustiza, nas empresas; asúadispoñibilidade no audiovisual tanto con producións galegas como a través da dobraxe e lexendaxe.Precisamos xaun goberno que actúe en todos os ámbitos e contribúa xunto á sociedade a darlle un novo futuro á lingua, para podermos vivir en galego agora e sempre.
MANIFÉSTATE POLA LINGUA17 DE MAIO DE 2022. 12h. Alameda de Santiago
Queremos Galego!
AUTOBUSES 2022
Publicado oA plataforma Queremos Galego! está a organizar a saída de varios autobuses das principais cidades para facilitar a participación na manifestación a prol galego «Por un novo futuro para a lingua» que terá lugar o 17 de maio ás 12h en Compostela.
*O custe será de 5€ por persoa.
TELÉFONOS DE CONTACTO PARA ANOTARSE NOS AUTOBUSES PARA ASISTIR Á MANIFESTACIÓN:
§ A Coruña: 981 169 810
Saída ás 10h do Campo da Leña, con paradas na Praza da Palloza e no Edifico Sindical§ Ferrol: 630 219 861 / 981358750
Saída ás 9:30h diante do local da CIG, na avenida de Esteiro, con paradas en Caranza, Fene e Vilar do Colo.§ Lugo: 982 225 812/ 982 280 410
Saída ás 10:00h de Ronda da Muralla, 58, paradas en función da xente que se anote§ Vigo: 986 827 900
Saída ás 10h, desde o local da CIG§ Pontevedra (desde Arcade): 986 866 205
Saída ás 10h desde Arcade (restaurante Muxica)Ás 10:30h no Pavillón de Pontevedra§ Vilagarcía-Cambados: 986 565 059 – 986 505 323
Ás 10:30h en Cambados diante do ConcelloÁs 11h en Vilagarcia, Fexdega§ Ourense (desde Monterrei): 988 233 134
Ás 8h, Praza do Concello da MezquitaÁs 8:30h en Verín, Policía/AduanaÁs 9h, en Xinzo, área de servizo Antela, na entrada da autovíaÁs 9:30h, en Ourense, rotonda do Pavillón dos Remedios (piscina)Ás 10h, no Carballiño, rotonda de Cea (gasolineira)§ A Mariña: 982 581 861 / 982 140 654 ou 605 377 317
Difunde
A fala. Uxía, Tanxugueiras, Faia e colaboradores
Chíos de @QueremosGalegoQue contamos?
ASINA: En galego agora e sempre. Por un novo futuro para a lingua10 de Maio de 2022AUTOBUSES 202228 de Abril de 2022Queremos Galego convida a manifestarse o 17 de maio en Compostela “por un novo futuro para a lingua”28 de Abril de 2022TAGS:Galego Queremos Cidad Plataforma
<<< Thank you for your visit >>>
Websites to related : YUGROW - Plataforma de desarroll
Saltar al contenidoEmpresasServiciosProfesionales ParticularesSobre YUGROWYUcoach en los mediosMetodologíaPreguntas frecuente
Plataforma RenovarSkip to content Quem somosSecçõesArtigos de opiniãoVídeosPara divulgaçãoComunicadosAnatomia de um crimeArtigos diversosDocumentosConsulta obrig
Koyag | Plataforma de organizaciInicio Funcionalidades Testimonios Blog Inicio Funcionalidades Testimonios Blog
Plataforma contra la privatizaci.Plataforma contra la privatización del Canal de Isabel IITwittear Seguir a @pcpcyiiLa Red Agua Pública (RAP)En tanto que integrante del Movimiento
IBERMEDIA Digital - Plataforma d Ibermedia Digital | La plataforma de cine iberoamericanoImpulsado por:
Impulsado por:
Impulsado por:
Impulsado por:
#main-nav .menu > li#nav-menu-item
HomeEmpresaRuthmannHeight PerformanceSERIES TB Y TBR (3,5t)SERIES T Y TUECOLINEELÉctricasKatoOcasiónGrúas usadasPlataformas sobre cami
Prensa Ibérica 360º | PublicidInicioQuiénes somosNuestras marcasQué ofrecemosMediakitEspecificaciones TécnicasTarifasActualidadContactoSeleccionar página Prensa Ibérica 36
FactoríaBIZ: Desarrollo de SoftSitio Oficial de descarga de mat
Sitio Oficial de descarga de mat
ads
Hot Websites