ContraMINAcción | Rede contra a Minaría Destrutiva na Galiza

Web Name: ContraMINAcción | Rede contra a Minaría Destrutiva na Galiza

WebSite: http://www.contraminaccion.org

ID:303722

Keywords:

contra,Rede,ContraMINAcci,Minar

Description:


A 37ª Semana Galega da Filosofia abordará a minaria destrutiva

Deixa unha resposta

A 37ª Semana Galega da Filosofia terá lugar na cidade de Ponte Vedra do 5 ao 9 de abril de 2021, sob a epígrafe de “Filosofía e Civilización Dixital“. Dentre as palestras programadas, a da tarde do 6 de abril (das 18 às 20 horas) centrará-se no tema “GALIZA (NÃO) É UMA MINA: Extrativismo e engenharia social no contexto da emergência climática”. A sessão correrá da mão de Iolanda Mato, do coletivo Montescola, podendo-se assistir ao vivo ou em-linha. A revista da Semana inclui a seguinte descrição da sessão:

“No atual contexto de emergência climática, as empresas mineiras auto-proclamaram-se atores centrais para o desenvolvimento de energias ‘limpas’ e tecnologias digitais. Assim, a crise climática causada polo extrativismo é o novo pretexto para tentar legitimar social e politicamente uma nova e mais intensa onda extrativa, focalizada agora em metais como o lítio, as terras raras, ou o cobre, dentre outros. Lobby mineiro e algumas administrações públicas converteram o oximorônico “minaria sustentável” em bandeira das campanhas de engenharia social e greenwashing para dar carta de natureza a projetos inviáveis desde o ponto de vista técnico, jurídico e ambiental. Corcoesto, Touro, San Finx e os novos projetos de lítio citam-se como exemplos.
Frente à permissividade e mesmo cumplicidade das administrações, são os movimentos sociais os que estão evidenciando o falso discurso da “sustentabilidade” extrativista enquanto combatem por igual projetos destrutivos e as suas campanhas de engenharia social associadas. Esta comunicação situará os movimentos contemporâneos na história das lutas ambientais contra a minaria na Galiza e analisará os seus desafios atuais, destancando a contínua erosão das normas de proteção ambiental, as dificuldades de acesso à informação e justiça ambientais e os elementos identificáveis dum organizado complexo empresarial-académico-administrativo ao serviço do extrativismo.”

Esta entrada publicouse en Minería Galicia o por ContraMINAcción.

A contaminación polas verteduras da mina de Varilongo supera 325 veces os limiares permitidos

Deixa unha resposta
Os colectivos de ContraMINAcción alertan de que as analíticas das verteduras de Varilongo evidencian que as concentracións de cadmio, cobre e cinc superan varias veces os máximos legais permitidos.  ContraMINAcción denuncia que estas drenaxes de mina con altas concentracións de metais pesados, algúns cancerixenos como o cadmio, contaminan o río Xallas a través dos regos dos Lagos e da Braña Ancha

O pasado mes de outubro diversas organizacións ecoloxistas da rede ContraMINAcción presentaron denuncias polas evidencias de contaminación en Varilongo (Santa Comba). Unha contaminación causada por metais pesados procedentes da mina subterránea de volframio e estaño en proceso de reactivación pola mineira australiana Rafaella Resources e súa filial Galicia Tin & Tungsten.

Os resultados das analíticas realizadas polo Laboratorio de Medio Ambiente de Galicia confirman as denuncias cursadas en outubro do ano pasado e baseadas nas evidencias visuais de precipitacións de metais pesados na Braña Ancha (visibles mesmodesde as imaxes de satélite). 

Estas análises oficiais evidencian a presenza de niveis alarmantes de metais pesados. Unhas concentracións que superan amplamente os limites máximos que establece a lexislación. Nestas mostras detectaronse altísimas concentracións de cobre, cinc e cadmio. 

ContraMINAcción alerta ademais que o cadmio é unha substancia perigosa prioritaria por tratarse dun elemento canceríxeno.

Segundo o informe do laboratorio as verteduras analizadas proceden do denominado “transversal Carballeira”, unha galería de desaugue das labores subterráneas, e das antigas balsas de decantación utilizadas tanto pola empresa de áridos Canteira da Mina S.L. como para desaugar outras zonas da mina subterránea propiedade da mineira australiana. 

Precismente o “transversal Carballeira”, que desauga os niveis inferiores da mina, é o que  presenta os niveis máis alarmantes. As verteduras procedentes desta galería de desaugue presentan niveis de cadmio que superan 325 veces o máximo legal permitido, os de cobre 145 veces e os de cinc case 100 veces máis.

A rede ContraMINAcción denuncia a gravidade desta contaminación e a inacción das Administracións. As verteduras do transversal van a parar a terreos agrícolas que están sendo gravemente contaminandos, e desde alí descorren ata o rego dos Lagos. Á altura de Guldrís, os niveis no propio cauce superan 31 veces o máximo legal permitido para cadmio, 12 veces os niveis máximos de cobre e 13 veces os de cinc

Esta contaminación é evidente mesmo a 6 km augas abaixo da mina. Logo de que o rego dos Lagos se une ao da Braña Ancha nas proximidades do lugar do Rieiro, a 100 metros da súa confluencia co río Xallas, os niveis de cadmio continúan superando 12.5 veces o máximo legal permitido. Acontece o mesmo para as outras substancias perigosas.

As organizacións que integran a rede ContraMINAcción denuncian a irresponsable inacción de Augas de Galicia. A pesar de que os feitos foron denunciados ante Augas de Galicia en outubro, non consta que se iniciase aínda ningún procedemento sancionador a pesar da gravidade dos mesmos. Augas de Galicia só realizou unha analítica o pasado 4 de novembro, evitando comunicar os resultados aos denunciantes a pesar de térselle solicitado.

As entidades ecoloxistas consideran que Augas de Galicia busca ocultar a súa propia inacción. Denuncian que en 2010 Augas de Galicia outorgou unha autorización de verteduras a empresa Canteira da Mina S.L., pero que omitía nos controis periódicos a obriga de realizar análises de metais pesados: o verdadeiro problema da explotación, pola presenza de sulfuros. 

En decembro, a propia Directora de Augas de Galicia, Teresa Gutiérrez, recoñecía que “Non se asocia ningún impacto a esta masa posto que non hai punto de control de seguimento na mesma”. Desde os colectivos ambientais alertouse a Augas de Galicia que a neglixencia no seu deber de control sería motivo de denuncia ante os indicios de prevaricación ambiental e encubrimento.

Xa desde 2017 numerosos colectivos veñen denunciado ante o departamento de minas da Xunta que a mina de Varilongo ven causando verteduras contaminantes, seguindo denuncias anteriores da Sociedade de Pesca de Santa Comba e da veciñanza da zona. Unha explotación mineira cuns proxectos de explotación e de restauración que foron aprobados en 2011 sen o preceptivo trámite de avaliación de impacto ambiental. 

Precisamente a ausencia do trámite de avaliación ambiental permitiu que saíran adiante sen incluír calquera medida para o tratamento das drenaxes de mina con altas concentracións de metais pesados antes de verterse ao medio. Todo isto a pesar de que os enxeñeiros de minas da propia Xunta alertaran tanto en setembro de 2008 como en agosto de 2009 que o proxecto debía someterse a unha avaliación de impacto ambiental por tratarse dunha explotación con presenza de sulfuros e que, por tanto, é susceptible de xerar drenaxes de mina con metais pesados en disolución. 

As denuncias realizadas motivaron a apertura dun procedemento no Comité de Cumprimento da Convención de Aarhus na ONU e outro na Comisión de Peticións do Parlamento Europeo para investigar as irregularidades. Actualmente séguense ademais diversas actuacións xudiciais por denuncias cursadas pola Fiscalía.

Esta entrada publicouse en Minería Galicia o por ContraMINAcción.

Éxito de convocatoria na concentración contra a minaría destrutiva na Serra do Suído

Deixa unha resposta

A concentración do sábado reclamaba a caducidade do dereito mineiro Alberta I. O acto reivindicativo realizouse na fronteira entre os concellos de Beariz (Ourense) e A Lama  Pontevedra) e mobilizou a preto de 50 persoas dos concellos afectados.A concentración pola caducidade do Dereito Mineiro Alberta I realizouse o pasado sábado, día 13 de marzo, na Portela da Cruz (A Lama – Beariz) e foi considerada como un “éxito” pola Plataforma SOS Suído-Seixo, que convocou o acto reivindicativo.

Tras o apoio amosado en redes por diferentes organizacións e colectivos, e tendo en conta o actual contexto de crise sanitaria polo SARS-CoV-2, a convocatoria conseguiu reunir a preto de 50 persoas chegadas na súa maioría dos municipios directamente afectados polo Dereito Mineiro: A Lama, Beariz, Avión, Cerdedo-Cotobade e Forcarei. Con todo, entre as e os asistentes contábanse tamén persoas chegadas doutros puntos da comunidade que quixeron amosar o seu compromiso co patrimonio natural e cultural galego, ameazado pola sombra da megaminaría.

“Con este tipo de actos queremos amosar que a nosa loita segue viva” – indicaron representantes do movemento antimineiro – “Animamos á xente a que presente as súas solicitudes pola caducidade de Alberta I, un dereito mineiro que non fai máis que ameazar o grande potencial ambiental, social e económico que teñen as serras do Suído e do Seixo para
a súa veciñanza”.

O dereito mineiro Alberta I tentou ser explotado recentemente pola empresa Recursos Minerales de Galicia S.A., filial do grupo empresarial SAMCA. A Xunta de Galicia denegou entón a Concesión de Explotación ante o informe negativo da Confederación Hidrográfica Miño-Sil pola máis que probable afección aos cursos de auga da zona.

Esta entrada publicouse en Suído-Seixo e está etiquetada con suído en por ContraMINAcción.

Iluminados contra un proxecto sen garantías

Deixa unha resposta

No mes de febreiro de 2020, soubemos das conclusións dunha DIA negativa que anulaba o proxecto da mina a ceo aberto nos concellos de Touro e O Pino e que concluía:

“A reactivación da actividade mineira prevista vai supoñer unha nova presión sobre os sistemas fluviais e as augas subterráneas, sen que se garanta que non se vaia a producir un novo impacto negativo sobre o ciclo hídrico e sen que conste na formulación actual da avaliación practicada a necesaria conformidade da unidade competente en materia de planificación hidrolóxica do Organismo de Bacía.

 Na situación actual, o proxecto non dá resposta completa ás medidas de xestión a adoptar en caso de escenario accidental e, incluso, as medidas de prevención e xestión da continxencia parecen limitarse a xustificar que o suceso non se producirá. Por conseguinte, en caso de materializarse un escenario de risco, non se pode garantir que a actuación proxectada non produza unha grave afección aos valores naturais da zona nin un prexuízo á integridade da Zona de Especial Conservación, en diante ZEC, “Sistema fluvial Ulla-Deza”.

Unhas conclusións breves para tres anos de resposta social, informes técnicos negativos e centos de organizacións sociais e locais que arremeteron con contundencia contra o que era máis que evidente. Unhas conclusións que resumen 3 anos de traballo contra  un proxecto sen garantías, que soubemos ver nun mes de exposición pública que nos deron para poder presentar alegacións, e sen embargo a administración dilatou e estirou sen explicación durante 4 anos hasta o día de hoxe.

A pesares das evidencias, tivemos que agardar até hoxe,  máis dun ano dende a DIA Negativa,  a que a Dirección Xeral de Planificación enerxética e Recursos Naturais, vía nota en prensa, dera a coñecer a súa decisión de comunicar a Resolución negativa do proxecto á mercantil Cobre San Rafael SL.

Unha resolución que aínda descoñecemos en que termos se expresa, pois ningunha das organizacións e persoas que figuramos na causa como interesadas e/ou afectadas fomos informados nin nos foi aínda remitida, polo que agardamos que se nos poida facer chegar o antes posible sen ter que vernos forzadas a reclamala administrativamente.

Como xa é de costume que nos obriguen a reclamar o que por dereito nos pertence, queremos lembrar  as  declaracións do anterior Director Xeral de Enerxía Minas o señor Ángel Bernardo Tahoces ás persoas da Platafoma contra a mina de Touro, comprometéndose a comunicar a todas as persoas recoñecidas como parte interesada ou afectada a Resolución definitiva no momento en que se producira.  O señor Tahoces foi relevado do seu cargo, mais agardemos que a súa sucesora sí poida cumprir con aquela promesa.

Lembremos que de non ser pola resposta social e cidadá este proxecto e tantos outros de similares características – Santa Comba, San Fins, Monte Nema, Serra Suido, Iribio, Terra Chá, Mesía-Frades, …- son susceptíbeis de aprobación sen ningún tipo de supervisión, nin comprobación, con todas as catastróficas, terríbeis, calamitosas repercusións e ausencia de garantías que implican para o medio natural, cultural, como así quedou demostrado no caso do proxecto da mina de Touro.

Lembremos que resulta esencial que as administracións deben permitir que a cidadanía e as organizacións ambientais, sociais, veciñais, …  teñan dereito ao acceso á información pública en tempo e forma que lles permita defenderse e defender os seus medios de vida e o medio natural e cultural que habitan, en defensa tamén dos seus recursos económicos para vivir, non solo as multinacionais.

Neste proxecto quedou en evidencia a mercantil promotora e tamén a administración.

Esta entrada publicouse en Conflitos: Touro o por ContraMINAcción.

O Tribunal Superior ratifica dúas sentenzas contra os proxectos mineiros de ERIMSA na Terra Chá

Deixa unha resposta

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) vén de confirmar dúas sentenzas contrarias aos proxectos de extracción de seixo na Terra Chá por parte de Explotaciones de Rocas Industriales y Minerales SA (Erimsa). Estas sentenzas foron ditadas en apelación polo TSXG despois de que, en xaneiro de 2020, o Xulgado do Contencioso-Administrativo nº 1 de Lugo ditase sentenzas desestimatorias ás pretensións de Erimsa.

As pretensións de Erimsa con estes litixios fronte ao Concello de Cospeito buscaban a reactivación dun procedemento iniciado en 2008 e, polo tanto, caducado, para obter autorización para a súa actividade en territorio cospeitense. Porén, esta empresa con capital chinés e domicilio en Noruega, non subsanara deficiencias tan relevantes como a falta de informes sectoriais favorábeis por parte de diversos departamentos da Xunta de Galicia. Entre outros argumentos, as sentenzas din que é incuestionábel que o expediente de autorización autonómica previa rematou nunha resolución firme desestimatoria. Sentenza que, polo demais, lle impón as costas á empresa mineira.

TRES LUSTROS DE LOITA E DERROTAS PARA ERIMSA NA TERRA CHÁ

Estas sentenzas contrarias súmanse ás ditadas no ano 2016, onde se lle denegaba a licenza municipal para as concesións Alicia e Karles, en Castro de Rei e Cospeito, previa denegación da autorización autonómica.

Cómpre lembrar que Erimsa obtivo as concesións mineiras Karles, Alicia e A Pastoriza a finais do ano 2006 para extraer seixo en diversos municipios chairegos. Estas concesións afectan case 6.000 hectáreas de alto valor agronómico nos concellos de Vilalba, Abadín, Riotorto, Cospeito, A Pastoriza e Castro de Rei. No ano 2008, Erimsa solicitou as licenzas de actividade, xurdindo unha forte oposición veciñal e dos governos municipais. A raíz deste rexeitamento, formouse a Comisión de Asociacións contra as Minas na Terra Chá, cuxo obxectivo foi manter informada a veciñanza sobre as consecuencias da explotación mineira e iniciar unha loita que, case quince anos despois, segue desenvolvéndose nos tribunais con estas sentenzas.

Nestes anos, dende a Comision contra as Minas na Terra Chá, solicitamos reiteradamente á Xunta a declaración de caducidade das concesións mineiras. Porén, a día de hoxe seguen en vigor dun xeito totalmente irregular. Por iso, dende a Comisión de Asociacións contra as Minas na Terra Chá celebramos esta nova victoria xudicial e agardamos que a Xunta declare definitivamente a caducidade das concecións para rematar con este pesadelo.

Esta entrada publicouse en Conflitos: Terra Chá o por ContraMINAcción.

ContraMINAcción adere a Janeiro Marrom

Deixa unha resposta

A Rede ContraMINAcción vem de adeir a “Janeiro Marrom“, uma campanha para lembrar o crime da Vale em Brumadinho, Brasil, e alertar sobre a mineração que mata e assombra pessoas, destrói comunidades e ecossistemas, vidas, fauna, flora, paisagem, qualidade do ar e solo, nascentes, aquíferos e rios e, de forma implacável, avança sobre territórios inviabilizando outras formas de viver, viola direitos e faz uso das mais diversas estratégias para deixar refém a população.

No dia 25/01/2021 se completam 2 anos do crime da Vale em Brumadinho. Um crime que permanece na impunidade mesmo tendo a Vale (e todos os envolvidos) assassinado 272 seres humanos e causado graves impactos socioambientais ao longo do rio Paraopeba.

São 2 anos com a Vale e seus aliados violando direitos, descumprindo deveres, ameaçando, causando sofrimento e não realizando a devida reparação a pessoas e meio ambiente em Brumadinho e ao longo do rastro dos rejeitos da sua atividade irresponsável e criminosa. 2 anos de “terrorismo de barragens” em outros territórios, com a expulsão pela Vale de comunidades inteiras e construção de “obras emergenciais” que não fazem o menor sentido a não ser para a ampliação e continuidade dos complexos minerários da Vale.

ContraMINAcción, neste janeiro marrom, não só se solidariza com as comunidades afetadas pela mineração contaminante no Brasil e noutros lugares do mundo, mas aproveita para lembrar os desastres passados e presentes na Galiza: desde a popuição continuada em Touro, San Finx ou Santa Comba como as catástrofes mineiras do último século: o desastre da mina de cobre “Piquito” de 1955, afectando gravemente o rio Júvia e ria de Ferrol; o colapso da presa da Mina da Trigueira, en Lalín, en 1959, levando por diante tres pontes na parroquia de Zobra; o desastre da presa de resíduos de San Finx de 1960, afetando gravemente a ria de Muros e Noia; ou o mais recente desastre mineiro de Monte Neme em 2014.

A mineração, mesmo com a pandemia, continuou e acelerou suas práticas de assombrar pessoas, colocar seus trabalhadores em risco, destruir comunidades e biomas, vidas, fauna, flora, paisagens, qualidade do ar e solo, nascentes, aquíferos e rios e, de forma implacável, avançar sobre territórios inviabilizando outras formas de viver, violando direitos e fazendo uso das mais diversas estratégias para deixar refém a população.

Não podemos nos calar!

Esta entrada publicouse en Internacional o por ContraMINAcción.

O SLG denuncia o obstrucionismo da Xunta para acceder a informes sobre o impacto da minaría na Reserva da Biosfera Terras do Miño

Deixa unha resposta

Dende o Órgano Reitor lémbranlle ás autoridades autonómicas que calquera proxecto mineiro no territorio protexido precisa o informe previo da Reserva da Biosfera

O Consello Científico do Programa Persoa e Biosfera (MaB) da Unesco evidenciou a falta de colaboración por parte da Xunta á hora de achegar documentación solicitada para coñecer a situación actual de diversos proxectos mineiros na área xeográfica da Reserva da Biosfera Terras do Miño (RBTM). Por iso, na súa xuntanza do 18 de novembro de 2020, o Consello Científico do Programa MaB da Unesco decidiu transmitirlle ao Consello Reitor da RBTM a necesidade de recompilar información en poder da Xunta de Galicia sobre:

Situación actual dos proxectos, confirmando a súa caducidade ou vixencia.De estar vixente, información sobre o ámbito xeográfico e posibles afeccións sobre as distintas unidades da Reserva da Biosfera.Indicar que procedementos de avaliación ambiental se realizaron ou están en curso.Indicar as medidas que se estableceron para asegurar a integridade das áreas núcleo da Reserva da Biosfera.

Cómpre lembrar que foi en 2013 cando, a proposta do Sindicato Labrego Galego no Órgano de Participación, se lle solicitou ao Consello Científico do Programa MaB da Unesco ese informe para avaliar o impacto das actividades mineiras no territorio da Reserva da Biosfera Terras do Miño. Polo tanto, levamos sete anos agardando por unha avaliación que no se pode realizar porque a Xunta de Galicia non achega a documentación solicitada.

A raíz disto, na sesión do Órgano de Participación do 17 de decembro 2019, decidiu solicitárselle de novo ao Consello Científico do Comité Español do Programa MaB da Unesco a realización do informe. Esta decisión tomouse, de novo, tras unha petición realizada polo Sindicato Labrego.

Nas  acta desa xuntanza de 2019, lémbrase que “debido á preocupación que se tiña neste Órgano pola posible afección ao patrimonio natural desta Reserva, celebrouse unha reunión extraordinaria do Órgano Reitor o 24 de setembro de 2013 na que se acordaron dous puntos: por unha parte, solicitar ao Consello Científico do Comité Español do Programa Persoa e Biosfera (MaB) que realizase unha avaliación científica e obxectiva das posibles repercusións que este proxecto (refírese a Lago II nos concellos de A Fonsagrada, Baleira, Baralla e Becerreá) podía ter sobre o estado de conservación dos valores ambientais e culturais da Reserva de Biosfera Terras do Miño; e por outra parte, tamén solicitabamos que o Consello Científico (que está representado en Galicia polo doutor Pablo Ramil do Ibader), informase aos organismos autonómicos que, tendo en conta a nova lexislación de avaliación ambiental, debería pedir informe á Reserva da Biosfera nos procedementos de proxectos mineiros, redes eléctricas, etc. que poidan afectar a este territorio”.

Na acta da sesión recóllese tamén que “ademais da afección que pode ter o proxecto mineiro Lago II nos concellos de A Fonsagrada, Baleira, Baralla e Becerreá (non todos están na Reserva da Biosfera), existen outros proxectos mineiros que estaban en tramitación no ano 2014, e o Sindicato Labrego Galego tamén o comentou na reunión do Órgano de Participación dese ano, e son os proxectos Alicia, Karles e Pastoriza, que afectarían aos concellos de Castro de Rei, A Pastoriza, Abadín, Cospeito, Vilalba e Riotorto”.

A representante do SLG no Órgano de Participación, Margarida Prieto, lembrou que “dende o ano 2006 hai un conflito moi importante cos concellos (aquí hai algúns representantes municipais que saben deste tema) e ten habido moitos contenciosos. Na actualidade, por exemplo, están de novo moi activos na Pastoriza coas licenzas. Houbo varias sentenzas desestimatorias polas licenzas urbanísticas e neste momento están intentando de novo sacalas adiante.”

Esta entrada publicouse en Conflitos: Terra Chá, Minería Galicia o por ContraMINAcción.

Premio da Universidade da ONU para un espectáculo de monicreques sobre os impactos da minaria

Deixa unha resposta

A xurado do Instituto para o Estudo Avanzado da Sustentabilidade da Universidade das Nacións Unidas voltou a escoller este ano un proxecto do Centro de Saberes para a Sustentabilidade para outorgar un dos seus galardóns de “Proxecto Insignia Extraordinario” (Outstanding Flagship Project) na 9ª edición dos seus Premios RCE para proxectos innovadores de educación para o desenvolvemento sustentábel.

Se o ano pasado a instititución galega recibía este galardón, que recoñece as mellores iniciativas pedagóxicas a nivel mundial no ámbito da sustentabilidade, polo libro infantil “A mina contamina”, o documentario “San Finx 1960” e dúas unidades didácticas asociadas que explicaban os impactos da minaría de xeito comprensíbel para todos os públicos, este ano a Universidade da ONU decidiu distinguir un espectáculo de monicreques basado no proxecto anterior.

O Centro de Saberes para a Sustentabilidade deciciu producir e tornar público o vídeo do espectáculo a raíz da situación causada pola COVID, que imposibilitou a xira dos monicreques polo país que estaba a ser preparada. Deste modo, ofrécese de xeito gratuito xunto co libro infantil, unidades didácticas e documentario para que familias, centros e colectivos de todo tipo poidan utilizalos para entender mellor as consecuencias ambientais e sociais da minaría, en particular a contaminación por metais pesados.

Este ano, a iniciativa galega foi un dos 9 proxectos de todo o mundo que alcanzaron a máxima categoría de “Proxecto Insignia Extraordinario”, reservado para as propostas máis innovadoras e mellor fundamentadas desde o punto de vista pedagóxico e científico. “A mina cotamina” xa despertou interese noutros lugares do mundo, con iniciativas e solicitudes para traducir os materiais para o inglés, castellano e serbo-bosnio-croata.

Participaron na elaboración deste proxecto do Centro de Saberes para a Sustentabilidade, a Fundação Montescola, a produtora cultural Axóuxere, o grupo Barahúnda e a Asociación Bubela de Abuín, contando ademais coa colaboración do Concello de Rianxo, a Rede ContraMINAcción, a Guerilla Foundation e a Plataforma PLADEMAR.

Esta entrada publicouse en ContraMINAcción o por ContraMINAcción.

O Tribunal Supremo chumba a licenza urbanística da mina que ameaza a Cova Eirós

1 Resposta
ContraMINAcción denuncia como, nada máis gañar firmeza a sentenza, a empresa aumentou de xeito frenético o ritmo da explotación, poñendo en risco o patrimonioPídese non demorar máis a inclusión de Cova Eirós no conxunto de Patrimonio da Humanidade da UNESCO que conforman 18 covas con arte rupestre do norte peninsular

O Tribunal Supremo acaba de facer pública a sentenza pola que se anula definitivamente a licenza urbanística ilegal coa que o Concello de Triacastela tentou legalizar a explotación de caliza que Cementos Cosmos, filial da multinacional Votorantim, explota directamente encima da Cova Eirós, exemplo único e sen igual da pintura rupestre na Galiza.

A licenza fora recorrida inicialmente pola Associação Sócio-Cultural O Iríbio co apoio da asesoría xurídica do Sindicato Labrego Galego, ambas as dúas entidades integrantes da Rede ContraMINAcción, que xa conseguiran a súa anulación nos xulgados do contencioso-administrativo, fallo confirmado a principios deste ano polo Tribunal Superior de Xustiza da Galiza e que agora gañou firmeza coa inadmisión do recurso de casación que o Concello de Triacastela e Cosmos presentaran ante o Supremo.

A explotación de Cosmos é paradigma da minaría destrutiva, encontrándose dentro da contorna de protección e da contorna de amortecemento do Ben de Interese Cultural (BIC) Cova Eirós, finalmente declarado como tal en 2019 logo de anos de atrancos e coa asistencia da ASC O Iríbio, que tamén solicitou, xunto con outros colectivos, que fose declarada Patrimonio da Humanidade da UNESCO, como 19ª cova do grupo conformado pola Cova de Altamira e outras manifestacións da Arte Rupestre Paleolítico do Norte peninsular, en Cantabria, Asturias e País Basco. A súa exclusión, a xuízo da rede, é totalmente arbitraria e interesada.

Como noutros casos xa denunciados pola rede ContraMINAcción, a explotación de Cosmos non foi sometida ao trámite de avaliación de impacto ambiental cando se reclasificou como explotación mineira de “recursos C”, a pesar de tratarse dunha explotación a ceo aberto con afectación á rede Natura 2000, ao Camiño de Santiago e un BIC único. Esta omisión, e as súas consecuencias para o patrimonio natural e cultural, trascende o ámbito meramente administrativo con evidentes implicacións penais que están sendo obxecto das correspondentes accións para deslindar responsabilidades.

Os colectivos integrantes da rede ContraMINAcción demandan á Xunta a paralización inmediata da actividade mineira, precisamente intensificada nas últimas semanas logo da firmeza da sentenza, e que se proceda a adoptar medidas urxentes para salvagardar a integridade de Cova Eirós, BIC cuxa candidatura ao Patrimonio da Humanidade da UNESCO debería ser promovida polas Administracións. Ante a imposibilidade de continuar coa mina, consideran que a Xunta debe obrigar á empresa a presentar un plan de clausura e abandono que garanta a restauración inmediata de todas as zonas degradadas, independentemente das sancións administrativas e penais que poidan corresponder.

Finalmente, desde ContraMINAcción considéranse vergoñentas as tentativas de lavado de cara de Cosmos que tamén durante as últimas semanas vén facendo a Cámara Oficial Mineira de Galicia, chegando a afirmar que o de Triacastela é un dos “ejemplos de buenas prácticas” afirmando que a “empresa Cementos Cosmos es la encargada de la protección de la Cova de Eirós“. É especialmente penoso, indican, que a Xunta invista diñeiro nestas campañas de manipulación en lugar de destinalo á protección efectiva de elementos únicos do noso patrimonio cultural como é Cova Eirós.

Esta entrada publicouse en Conflitos: Triacastela o por ContraMINAcción.

Unha folla de ruta para a transición ecolóxica, sen a cidadanía

1 Resposta

O Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico embárcase nun plan sobre ‘xestión sustentable de materias primas minerais’ cara a unha economía climaticamente neutra en 2050 pero que pretende conseguir, esixindo e aumentando o consumo destas

Pechar os ollos e acelerar, é a solución ao cataclismo ao que nos empurra o Goberno. Nesta viaxe na que a cidadanía vai de paquete, na parte de atrás, vese arrastrada cara a un destino no que non foi realmente partícipe.

Agárrate que imos.”

Esta é a premisa de quen conduce e dirixe. Así o asume o MITECO ao lanzar unha consulta cidadá cuxas nove preguntas se formulan dun modo convido, en positivo, para recibir respostas no mesmo sentido. Condutismo orientado a provocar unha reacción causal.

A sociedade, porén, responde de forma diferente ás pretensións de quen gobernan ao servizo de modelos de económicos baseados no uso de combustibles fósiles ou agora de materias primas finitas, con métodos cuxos custos medioambientais están demostrando ser tanto ou máis prexudiciais. Para extraer os minerais utilízase maquinaria e métodos que emiten o 23% do CO2 do planeta.

Conscientes disto, as persoas e colectivos asinantes pretenden dar unha resposta que se sume á de expertos e científicos que lanzan unha voz de alarma que constantemente é silenciada.

As plataformas antiminaría avogamos por non repetir os mesmos erros do pasado que nos trouxeron ao presente no que nos encontramos, onde é urxente reducir as emisións de CO2 no ámbito global e manifestar que xa non hai marxe para experimentar outras fórmulas con caducidade sinalada.

Sigue lendo

Esta entrada publicouse en ContraMINAcción, Minería Galicia, Rede Ibérica e está etiquetada con agricultura, colectivos, contaminación, espolio en por jorganes.

#LeiDepredacionGaliza

Contacta connosco

Para unirvos a ContraMINAcción ou para calquera outra cuestión podedes escribirnos a ou contactar vía Facebook ou Twitter.

Axenda de actos


« Setembro 2022 » L M Mr X V S D 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30

Síguenos en Twitter

Tweets por @MineriaGalicia

También en Facebook

Contraminacción, rede contra a minaría destrutiva de Galiza

Promociona también tu página

Artigos recentes

A 37ª Semana Galega da Filosofia abordará a minaria destrutivaA contaminación polas verteduras da mina de Varilongo supera 325 veces os limiares permitidosÉxito de convocatoria na concentración contra a minaría destrutiva na Serra do SuídoIluminados contra un proxecto sen garantíasO Tribunal Superior ratifica dúas sentenzas contra os proxectos mineiros de ERIMSA na Terra Chá

Últimos temas no foro

Etiquetas

abadínagriculturaalegaciónsarsénicoAtalayabergantiñoscastrelo de miñoCementos Cosmoscianurocolectivoscompostelacontaminacióncontraminaccióncorcoestocospeitocuarzoempregoempresas mineirasEncontroserimsaespoliofeldespatofragas do eumegaliciagalizalexislaciónlimiamanifestaciónminaminaríaminasmineríaO Iribioouroparlamento europeoproxectos mineirosSan FinxSanta CombaseixoSLGterra chaTouroTriacastelaunión europeaxunta de galicia

Membros da rede ContraMINAcción

AendaAgrupaçom de Montanha Augas LimpasArco IrisAsociación Véspera de Nada por unha Galiza sen petróleoAssociação Socio-Cultural O IríbioColuna SanfinsComisión contra as minas da Terra CháContraminateFederación Ecoloxista GalegaPetón do LoboPlataforma Mina Touro-O Pino NonPlataforma pola defensa de Corcoesto e BergantiñosPlataforma pola Defensa do Monte Neme.Plataforma pola Protección da Serra do GaliñeiroPlataforma Veciñal Corno do MonteRibeiras MiñoSalva la SelvaSanta Comba VivaSindicato Labrego GalegoSos CourelSOS GrobaVerdegaia

Promoveron o I Encontro sobre o impacto da minaría

Enxeñería sen fronteirasPlataforma CorcoestoPlataforma Veciñal Santa Comba VivaSalvemos CabanaSindicato Labrego GalegoVerdegaiaVéspera de Nada por unha Galiza sen petróleo

Colaboran

Asociación ToudaRural CSaramaganta

Licenza dos contidos

Todos os textos e imaxes deste blog son propiedade dos seus respectivos autores. Os contidos cuxa autoría é da rede ContraMINAcción publícanse con licenza Creative Commons.
Fornecido con orgullo por WordPress

TAGS:contra Rede ContraMINAcci Minar

<<< Thank you for your visit >>>

Websites to related :
Reversible Contrast Shopper

    800 313 333
onlinepodpora@bikerscrown.czXRCO nás Loading&hellip;0123  Kožená bunda XRC Haderg white/blk/red  Voděo

SHL Technologies | Contract Manu

  Close✕

Contra Spa - Contra Spa

  TRENDING:Contra forma i Food Export Managing ControllerRassegna Stampa &#8211; Repubblica &#8211; Al lavoro 24...I NUOVI MANAGER DELL’EXPORT ALIMENTA

Private enterprise blockchain an

   Platfo

Studio 810 Design - Architectura

  Studio 810 DesignArchitectural Design and Building Contractor Call Us(717)341-4788Email Us&#x73;&#x74;&#117;di&#x6f;&#x38;&#49;0t&#x69;&#x6d;&#64;c

Kulp Painting | Painting Contrac

   Allentown, PA 610-760-8949Call Us 267-640-2966Call Me Email Us Skip to contentHomeAboutServices PaintingPaintingEpoxy FloorsKitchen & Bath Remodelin

Landscape Contractors | Artistic

  Artistic HardscapesLandscape Design & Installation Company Creating Beautiful Homescapes
It's in our Nature! 610-262-8768Call Toda

Keen Masonry & Hardscaping &#821

  Phone: 610-760-3129Email: keenmasonryllc@rcn.com Serving the Lehigh Valley, PAGet a quoteMasonryChimneyHardscapingSnow RemovalContact Us

AKO Technical › Mobility we red

  Skip To ContentHOMEPRODUCTSAKO P150STORYNEWSNavigationHOMEPRODUCTSAKO P150STORYNEWSNavigationHOMEPRODUCTSAKO P150STORYNEWS/*! elementor - v3.7.4 - 31-

GoWi-Fi - Uma rede única da qua

  AudiênciaComunicaçãoSmart Wi-FiMetroPlataforma| ComunidadeAudiênciaComunicaçãoSmart Wi-FiMetroPlataforma| ComunidadeUma rede única
da qual todo

ads

Hot Websites